Espeto de polbo crocante con millo e chimichurri cremoso de algas

FacebookTwitter
Espeto de polbo crocante con millo e chimichurri cremoso de algas
INGREDIENTES
  • 2 tentáculos de Polbo pescadeRías pescadeRías cocidos
  • 75 gr fariña de millo moída grosa
  • 20 gr alga seca nori picada fina
  • 50 gr Chimichurri de algas ecolóxico
  • 20 gr maionesa
  • Aceite de oliva e sal

Introducción

Javier Rodríguez Ponte (Taky), Xefe de cociña de Catering Boketé de A Coruña e membro do grupo Nove ofrécenos esta receita.

Elaboración

Cortar o polbo pescadeRías en toros un pouco grosos e picar de dous en dous nun espeto. Mesturar o chimi churri de algas coa maionesa e poñer a punto de sal. Pasar os espetos de Polbo pescadeRías directamente pola mestura de fariña e alga nori e fritir inmediatamente en aceite ben quente ata que queden ben douradas pero substanciosas por dentro. Escorrer o exceso de aceite sobre papel absorbente e servir a xeito de aperitivo acompañado da salsa.