FacebookTwitter

Confraría de Pescadores de A Pobra do Caramiñal

Lonxa de A Pobra do Caramiñal

A Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal é unha entidade sen ánimo de lucro que aglutina no seu seo a un total de 218 profesionais do mar residentes, na súa maior parte, dentro do ámbito territorial da mesma, e cuxo ámbito de explotación abrangue dende Pta. Galduario ata Pta. Peralto.

Dentro deste ámbito de explotación atopamos un total de 7 bancos marisqueiros, explotados polos sectores de a pé e a flote.

A actividade desenvolvida polos profesionais pertencentes a esta entidade está centrada case en exclusiva no marisqueo nas súas diversas variantes, sendo a actividade pesqueira residual. Podemos atopar, desta maneira, un total de cinco sectores: marisqueo a pé (105 socios), marisqueo a flote (63 socios), artes menores (2 socios), mexilloeiros (29 socios) e recursos específicos (19 mergulladores).

A actividade extractiva céntrase principalmente en catro especies recurso das 8 vendidas na lonxa, estas son a Ameixa fina (R. decussatus), Ameixa babosa (V. corrugata), Ameixa xaponesa (R. philippinarum) ,Berberecho (C. edule) e Navalla (Ensis arcuatus).