Cadelucha

Cadelucha no sur, navalliña no Cantábrico e coquina noutras rías, este pequeno molusco ten unha cuncha de textura moi suave, chea de costelas de tons máis claros que a súa cor, polo xeral tostada verdosa. O interior da cadelucha é violácea, aínda que ás veces é abrancazada ou alaranxada.
Vive en areais abertos de area limpa e augas renovadas.
A súas poboacións diminuíron moito nos últimos anos e hoxe en día practicamente só se captura en Cedeira. A súa extracción faise a pé, con fouciños para remover a área.
Unha pequena exquisitez. Se ten ocasión, degústea en cru, xa que detrás do seu tamaño agocha un sabor pleno de matices. Pode tratalas tamén coma as ameixas; seguirá descubrindo o seu magnífico sabor.
Datos da especie
- Código FAO: DXL
- Nome científico:Donax trunculus
- Nome galego: Cadelucha
- Nome castelán: Coquina
- Grupo biolóxico: Bivalvos

- Tamaño mínimo: 35 mm
- Forma de medición: O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior