Vieira mariñada en café e soia con emulsión cítrica e agrón

FacebookTwitter
Vieira mariñada en café e soia con emulsión cítrica e agrón
INGREDIENTES
  • Vieiras
  • Café de selección expreso
  • Salsa de soia
  • Chalotas
  • Pementa negra
  • Vinagre
  • Nata
  • Limón 
  • Sal
  • Agróns

Receita cortesía de Daniel López, chef do restaurante ferrolán O Camiño do Inglés.

O Camiño do Inglés aparece como recomendado na Guía Repsol e está recoñecido polo distintivo BibGourmand na Guía Michelín pola súa boa relación calidade-prezo.

Preparación:

Para a elaboración do prato usaremos só o músculo da vieira que mariñaremos nunha mestura de café con salsa de soia ao 50% en frío. Ao cabo de media hora, retiramos os músculos das vieiras, as secamos con papel de cociña e as reservamos unha hora.

Para a elaboración da salsa, reduciremos en vinagre a chalota con pementa negra. Cando o vinagre evapore engadiremos nata, reducimos, retiramos do lume e engadimos un chorro de limón, sal e pementa. A textura debe de ser cremosa.

Para o empratado, poremos cada músculo de vieira cortado en 3 láminas sobre a salsa e rematamos cuns agróns, que aportan acidez e un toque fresco.