Tortilla de piardas

FacebookTwitter
Tortilla de piardas
INGREDIENTES

(4 persoas)

  • Piardas (1/2 kg)
  • 4 ovos
  • Aceite de oliva (para cubrir o peixe)
  • Fariña (opcional; para as persoas celíacas ou intolerantes ao glute pódese facer perfectamente sen enfariñar o peixe)

A tortilla de piardas é unha receita tradicional mariñeira.

Rita Portas Garrido de Estribela (Pontevedra) ofrécenos a receita que coñece ela e que herdou da súa nai e da súa avoa, Rita "A Peixiña", que compraba peixe na lonxa de Marín para secalo e vendelo polas casas.

Preparación:
 
Escamar previamente o peixe. Non fai falta evisceralo nin cochalo (retirar a cabeza) aínda que é opcional.

Fritir o peixe con fariña ou sen fariña en aceite de oliva. Cando estea ben fritido, escorrer o aceite e na mesma tixola botar os ovos batidos como para tortilla. Virala e facela pola outra volta segundo gusto.

Retirala da tixola e empratar.