Ruliños vexetais horta e mar

- Cenoria
- Cabaza
- Pemento verde e vermello
- Cebola
- Repolo
- Cabaciña
- Berenxena
- Aguacate
- Algas (wakame, codium…)
- Pasta filo ou similar
- Salsa de soia
- Viño branco
- Aceite de oliva
Para os amantes da comida vexetariana, CriseldaIglesias, chef da Tapería Lecer en Cangas do Morrazo, preséntanos esta sinxela receita na que as algas aportan sabor a mar e incrementan o valor nutricional do prato.
Preparación:
Cortamos todos os vexetais en bastóns finos, un bastón de cada tipo de verdura por ruliñoque queiramos preparar. Salteamos a verdura con salsa de soia e viño branco agás o aguacate e as algas elixidas que as enrolamos en cru.
Deixamos arrefriando e escoando as verduras mentres preparamos a masa cortando triángulos de base de 30 cm e de lados de 20 cm.
Poñemos no centro de cada triángulo una verdura de cada, pasamos cun pincel escoado ovo batido polos bordes do triángulo para que se nos pegue a masa e enrolamos metendo cara dentro as esquinas do triángulo.
Fritimos os ruliños ou podémolos conxelar.