Reló con mariñeira spicy

FacebookTwitter
Reló
INGREDIENTES
  • 200g de reló
  • 1 cebola
  • 1 dente de allo
  • Un anaco de xenxibre
  • 2 chiles
  • 3 tomates
  • 2 litros de caldo de peixe

 

“O pracer na túa boca” é a proposta 2021 da OPP20 para a promoción do Marisco de A Illa de Arousa, marca creada pola organización para a posta en valor do seu marisco de alta calidade.

Da man do cociñeiro galego Adrián Albino (Restaurante Niño Corvo) ofrecen unha serie de receitas entre as que está esta preparación cuxo ingrediente principal é o reló.

Preparación:

Cortamos todos os ingredientes e os rustrimos por orde nun cazo: allo, cebola, xenxibre, chiles e tomate.

Engadimos caldo desexado, reducimos un pouco ao lume, trituramos e coamos por un coador fino.

Abrimos os reloxos ao vapor nunha tixola. Empratamos cos reloxos no fondo do prato e a mariñeira por enriba en quente.