Poñemos ao lume unha ola con algo máis da metade de auga fría, cunha folla de loureiro e unha cebola. Cando comece a ferver escaldamos tres veces cada peza de polbo pescadeRías, meténdoo e sacándoo da auga para que non espelique na cocción e, cando a auga volva a ferver, deixámolo de 45 a 50 minutos sen levantar o tello da pota.
Transcorrido ese tempo, sacámolo da ola e cortamos os tentáculos para despois toralos un a un. Presentámolo nun prato, botándolle unhas areas de sal gordo e pemento doce, e picante á vontade, regando finalmente cun chisco de aceite de oliva.