Polbo en tempura con salsa Ponzu

FacebookTwitter
Polbo en tempura con salsa Ponzu
INGREDIENTES
  • 2 Kg de polbo pescadeRías
  • Para a tempura
  • 500 gr. de fariña
  • 500 gr. de Auga
  • 16gr de levadura
  • 3 cubitos de xeo
  • Aceite de Girasol
  • Para a salsa Ponzu
  • 15ml de Zume de limón
  • 10 gr. Azucre
  • 15ml de Salsa de soia
  • 15ml de Vino branco

Elaboración

Lavar ben o polbo pescadeRías e, nunha pota con auga fervendo, cociñalo de forma tradicional: O "asustamos" 3 veces e despois, deixámolo cocer ata que estea tenro, pero terso, uns 30 min. aprox.  Transcorrido ese tempo, sacámolo da pota e deixámolo arrefriar.

Preparamos a tempura, mesturando fariña, fermento, auga fría e os cubitos de xeo. Deixamos repousar durante 20 min.

Elaboramos a salsa Ponzu mesturando todos os ingredientes nun cazo (zume de limón, azucre, salsa de soia e viño branco). Quentamos a lume lento, deixando que reduza o alcol e se caramelice o azucre, ata que a salsa colla consistencia.

Troceamos os tentáculos do polbo pescadeRías e as rebozamos na tempura. Fritimos en abundante aceite, poucas unidades á vez, para evitar que se nos peguen. Retiramos a fritura da tixola repousando as pezas en papel de cociña absorbente, para retirar o exceso de graxa.

Presentación

Decoramos o prato cun cordón de salsa Ponzu e encima poremos o polbo pescadeRías en tempura.