Pescada en caldeirada

FacebookTwitter
Pescada en caldeirada
INGREDIENTES
  • 8 toros de pescada pescadeRías
  • 16 ameixas
  • 16 mexillóns
  • 8 gambas ou lagostinos
  • 4 patacas grandes
  • 1 vaso de viño branco
  • 1 cullerada pequena de fariña
  • 3 dentes de allo
  • 1 chisco de pementa
  • 1 folla de loureiro
  • Aceite de oliva virxe extra e sal

Introducción

A pescada pescadeRías en caldeirada é un delicioso prato no que se combina o sabor deste peixe co dalgúns dos máis exquisitos froitos do noso mar, como as ameixas, os mexillóns e as gambas. O resultado é espectacular.

Elaboración

O primeiro que faremos será lavar ben as ameixas e os mexillóns, quitándolles a estes últimos as barbas que saen do seu interior. A continuación cocemos os dous tipos de bivalvos nunha pota cun dedo de auga. Cando empecen a abrir retirámola do lume, sen desbotar a auga da cocción.

Por outra parte, poñemos a cocer as patacas peladas noutra pota con non moita auga e, cando transcorran 15 minutos, engadimos os toros de pescada pescadeRías. Deixamos ao lume cinco minutos máis e a continuación retiramos a pota. Reservamos sen quitar o peixe e as patacas da auga.

Mentres, nunha cazola, facemos un rustrido co allo e a cebola picados moi finos, sobre un chorro de aceite de oliva virxe extra. Cando a cebola empece a transparentar, engadimos unha cullerada pequena de pemento e outra de fariña. Removemos ben e a continuación engadimos a pescada pescadeRías, os mexillóns e as ameixas xa cocidos, xunto coas gambas, o caldo das dúas potas (sen que reborde), a folla de loureiro, o vaso de viño e sal e pementa ao gusto.

Deixamos a cazola a lume medio durante 15-20 minutos, movendo de cando en vez para que a salsa non se pegue, e listo para servir.