Navallas con aceite de limón

FacebookTwitter
Navallas con aceite de limón
INGREDIENTES
  • 2 ducias de navallas pescadeRías
  • 4 dentes de allo
  • Perexil
  • O zume de 1 limón
  • Aceite de oliva virxe extra e sal

Introducción

Aquí traemos outro prato moi doado de preparar e delicioso ao padal: as navallas ao aceite de limón. A navalla pescadeRías, igual que o longueirón, é un molusco bivalvo que medra baixo a area das nosas praias e que podemos degustar en calquera época do ano.

Elaboración

O primeiro paso será lavar moi ben as navallas pescadeRías, xa que adoitan traer restos de area que estragarían de seguro a súa degustación. Para iso introducímolas nun cazo con auga e sal, deixámolas durante uns minutos e a continuación escorrémolas ben baixo a billa.

Antes de cociñar as navallas pescadeRías, preparamos nun vaso unha mestura con dúas partes de aceite de oliva virxe extra por unha de zume de limón. Engadimos ao aderezo o perexil picado e removemos até obter unha mestura homoxénea.

Por outra banda, unha vez escorridas as navallas pescadeRías, colocámolas nunha tixola a lume medio e deixamos que se abran. Unha vez abertas regámolas co aderezo que temos preparado e deixámolas na tixola uns minutos, ata que a carne estea dourada. Unha vez retiradas do lume, servímolas inmediatamente.