Espeto de polbo á mugardesa con pataca de Galicia

- 2 tentaculos de polbo pescadeRías cocidos (cortados en toros grosos)
- 2 patacas de Galicia grandes peladas
- 2 cebolas ecolóxicas grandes en toros
- ½ pemento vermello picado groso
- 2 dentes de allo picado fino
- 0.1 lt viño branco D.O Valedoras
- 0.1 lt auga cocción do polbo
- ½ culleriña Pimentón doce
- Sal, Aceite de oliva
- 25 gr cebola crocante escamas
Introducción
Javier Rodríguez Ponte (Taky), Xefe de cociña de Catering Boketé de A Coruña e membro do grupo Nove ofrécenos esta receita.
Elaboración
Con axuda dun sacabolas, facer unhas bólas de pataca (tantas como toros de polbo pescadeRías obtengamos).Confitalas suavemente en aceite de oliva quente ata que estean tenras.
Arrefriar en neveira. Unha vez frías picar cada toro de polbo pescadeRías cunha pataca nun espeto e reservar.
Pochar en aceite suavemente as cebolas xunto co pemento e allo ata que estea tenro e dourado. Engadir o pemento, viño e auga de polbo pescadeRías e ferver un par de minutos. Coar o xugo resultante sen triturar pero premendo ben contra o coador para que pase un pouco da verdura.
Quentar lentamente os espetos de polbo pescadeRías e pataca dentro deste xugo de mugardesa ata que absorban o seu sabor. Servir espolvoreadas dun pouco de pemento e cunhas escamas de cebola crocante.