Ensalada tibia de raia con vinagreta de hummus de pemento

FacebookTwitter
Raia
INGREDIENTES

(4 persoas)

  • 1 anaco fermoso de raia por persoa
  • 4 tomates maduros
  • Leituga
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal en escamas

Para a vinagreta:

  • 3 medidas de aceite de oliva virxe extra
  • 1 medida de vinagre suave
  • Una cullerada de hummus de pemento

Receita aportada pola blogueira gastronómica María José Basanta (Blogue: Laurel y canela).

Preparación:

Poñemos a raia para cocer en auga fervendo con sal entre 5 e 7 minutos, dependendo do seu grosor.

Mentres se coce a raia, poñemos nunha tixola unhas pingas de aceite e pasamos os tomates cortados en trodas de grosor medio. Un minuto por cada lado.

Poñemos nun prato unha roda ou dous de tomate, sal en escamas, leituga cortada e encima a raia ben escorrida.

Nunha cunca mesturamos o AOVE, o vinagre e o hummus de pemento (dálle un toque espectacular), batemos cun garfo e rectificamos de sal.

Poñemos por encima a vinagreta e servimos.