Curuxo á brasa

FacebookTwitter
Curuxo á brasa
INGREDIENTES

Ingredientes (2 comensais):

  • Un curuxo de aproximadamente 800 gramos
  • 5 dentes de allo
  • 200 mililitros de aceite de oliva virxe extra
  • Vinagre de Xerez ao gusto
  • Sal ao gusto

Receita cortesía do restaurante Curral do Marqués (Rianxo).

Preparación:

En primeiro lugar, limpar e eviscerar o curuxo.  Secámolo ben cun pano e facémoslle uns cortes e salgamos para que non se pegue na grella. Pincelamos a grella con aceite de oliva virxe extra e quentamos.

Por outro lado, picamos en láminas os allos e confeitámolos con aceite virxe extra. Dourámolos sen que se queimen. Retirámolos do lume e atemperamos. Engadimos unhas gotas de vinagre de Xerez ao gusto.

Na grella quente facemos o curuxo, o tempo que necesite segundo o grosor.

A continuación, empratamos o curuxo engadindo a infusión de allo que xa temos feita.

Podemos acompañar con cachelos ou con verduriñas en tempura.