Berberechos con cogomelos, laranxa e alioli de alfábega

FacebookTwitter
Berberechos con cogomelos, laranxa e alioli de alfábega
INGREDIENTES
  • 1 lata de berberechos a natural
  • 12 unidades de champiñón salvaxe
  • 50 g de laranxa
  • 20 g de maionesa
  • 20 g de allo
  • 4 follas de alfábega fresca

Esta receita, elaborada con berberechos en lata, pertence ao libro “Entre latas e tixolas, cociña creativa con conservas de peixe e marisco” publicado por Anfaco-Cecopesca e a Xunta de Galicia.

Preparación: 
Limpar os champiñóns retirando o pé (podemos gardalos para outro prato) e marcalos na prancha durante 30 segundos por cada lado. 
Facer o ali-oli triturando o allo xunto coa maionesa e a alfábega. Pelar a cebola e laranxa e picalas en cachiños moi miúdos, para despois mesturalas ben co alioli que acabamos de facer. Para presentar, colocar a mestura do recheo dentro dos champiñóns, e o berberecho sobre ela. Decorar con ceboliño, perexil ou similar.