Anémonas

Para as anémonas:
- Anémonas
- Fariña de millo
Para o ali-oli:
- 3 g. de menta
- 12 g. de allo negro
- 2 ovos
- 250 ml de aceite de xirasol ou de oliva
- Sal
- Vinagre ( Unha culler)
Para a maionesa de lima:
- 2 limas (reladuras e zume)*
- 2 ovos
- sal
- 300 ml de aceite de xirasol ou de oliva
* Pódese engadir máis reladura se se quere que teña máis sabor
Laura Verde Curra, de A Parrocha, en Cangas do Morrazo, preséntanos esta sinxela receita cun novidoso e singular produto das nosas costas. As anémonas rebozadas e fritas, pódense acompañar de salsas ó gusto, para o cal ofrécenos dúas propostas.
Preparación das ortiguiñas:
Rebozar as anémonas coa fariña de millo; pódense tamén rebozar con ovo e pan raiado; estender sobre un papel de forno e conxelar.
Unha vez conxeladas, fritir en abundante aceite (preferiblemente na fritideira).
Preparación das salsas:
Poñer tódolos ingredientes no vaso da batedeira a excepción do aceite.
Engadir a metade do aceite e ir emulsionando coma unha maionesa, engadindo pouco a pouco o resto do aceite. Engadir máis ou menos dependendo da consistencia desexada.
É recomendable facer as salsas cun día de antelación para que se potencie o sabor.