Ameixas á mariñeira

FacebookTwitter
Ameixas á mariñeira
INGREDIENTES
  • 1 kg de ameixas
  • 1 cebola
  • Pemento doce/picante
  • 1 copa de Albariño, viño branco
  • Aceite
  • Fariña

Nunha ola quentamos aceite e engadimos unha cebola ben picada. Cando estea ben morna, engádense as ameixas pescadeRías e o pemento doce, (tamén pode ser picante, a gusto do cociñeiro). Tápase a ola e déixanse facer 10 minutos.

Nun cazo a parte mesturamos auga, viño e fariña, engádense as ameixas pescadeRías e déixanse ferver 10 minutos máis. As ameixas sérvense quentes na sua salsa.