FacebookTwitter

Alcrique

Alcrique

É similar á agulla, pero co corpo máis comprimido e mandíbulas máis pequenas. Tamén se distingue da agulla no seu tamaño, xa que é máis pequeno, e nas espiñas, que non son verdes. O alcrique ten o lombo de cor gris azulada e o ventre prateado.

En mar aberto forma mansíos de certa importancia. Péscase con artes de cerco, especialmente cando se achega ás costas a finais do verán e comezos do outono. Así mesmo, captúrase como especie accidental nos barcos dedicados á sardiña. Máis abundante en verán e outono, aínda que se pesca todo o ano.

Estamos diante doutra especie inxustamente menosprezada e que, de momento, non é doado atopar en fresco. Se ten a sorte de dar con el, pode facerlle un escabeche, ou simplemente frítao logo de pasalo por fariña, ou prepare un guiso ao estilo familiar. Será unha agradable sorpresa polo seu sabor e polo seu prezo.

Details of species

  • FAO code: SAU
  • Scientific name:Scomberesox saurus
  • Galician name: Alcrique
  • Spanish name: Paparda
  • Biological group: Peixes
Alcrique
  • Minimum size:
  • Measurement Method: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal