FICBUEU 2022
19/09/2022
O sábado 17 de setembro, os/as cineastas participantes no 15 Festival Internacional de Cinema de Bueu - FICBUEU tiveron a oportunidade de coñecer e degustar a frescura e calidade dos produtos da nosa pesca artesanal certificados por pescadeRías, ¿de onde se non?, con unha esmerada preparación. Os protagonistas desta degustación foron robaliza, xarda, sardiña, cornicha e polbo.