Tataki de xarda

FacebookTwitter
Tataki de xarda
INGREDIENTES

Para 4 persoas

  • 4 xardas duns 200 g cada unha fileteadas e sen espiñas.

Para a mariñada:

  • 1 allo laminado 
  • 8 g de xenxibre fresco relado
  • pementa negra
  • 1 folla de loureiro
  • 1 cullerada de salsa de soia
  • 1 cullerada de vinagre de arroz ou de viño branco
  • 1 chisco de azucre
  • 4 culleradas de aceite de oliva
  • 4 culleradas de aceite de sésamo.

Para a salsa:

  • 3 culleradas de vinagre de arroz
  • 2 culleradas de limón
  • 5 culleradas de salsa de soia
  • 4 culleradas de auga
  • 1 cebola tenra cortada en láminas finas
  • 1 tomate pelado e cortado a dadiños
  • 150 g de coliflor fervida e triturada

A presente receita foi presentada nun showcooking para a Exaltación dos produtos do mar da lonxa de Ribeira, organizado polo Obradoiro de emprego "O Pote" do concello desta localidade.

 

Preparación: 
Mesturar todos os ingredientes da mariñada e bañar con ela o peixe, deixándoo repousar nela durante uns 30 minutos. 
Para a salsa, mesturar todos os ingredientes e reservar. 
Limpar da mariñada o peixe e asalo nunha tixola antiadherente quente sen engraxar. Empezar polo lado da pel e dar a volta, procurando deixar o peixe un pouco cru no centro. 
Empratar, bañar coa salsa e decorar coa cebola e o tomate aderezados coa salsa e co puré de coliflor. 

 

Acabado e montaxe: 
Montarémolo sobre unha tosta de pan, o pan debémolo de tostar previamente. Poñemos unha lámina de salsa e sobre ela as cabalas. Decorámolo con brotes ou flores. 

 

Observacións/ Detalles: 
Para facer este tataki de cabala podes usar sementes de sésamo tostadas (negras) ou verdes. Este tataki consómese semicrú, así que debes conxelar o peixe polo menos 48 h a -20º para evitar o perigo de anisakis.