Tartar de xarda con mango e sésamo

- 5 xardas
- 3 culleres de salsa de soia
- 2 culleres de aceite de sésamo
- 1 culler de aceite de oliva
- 1 culler pequena de wasabi
- 1 culler de sésamo
- Reladura de medio limón
- 2 culleres de zume de limón
- ½ culleres pequenas de xenxibre relado
- ½ cebola pequena
- Sal
- 1 mango
- 1 aguacate
Desespiñamos as xardas e, cun coitelo ben afiado, cortamos o peixe en anacos moi pequenos; salgamos lixeiramente.
Nun bol grande poñemos a soia, os aceites, o wasabi, o zume de limón, a reladura de limón e de xenxibre, mesturamos todo ben e engadimos o peixe. Volvemos a mesturar ben.
Picamos a cebola fina, pelamos o mango e cortámolo tamén fino..
Pelamos o aguacate, cortámolo en anacos e poñémolo nun bol co zume de limón, un par de culleres de aceite e sal.
Antes de montar o prato, mesturamos o mango e a cebola co tartar. Cun aro de empratar, ou coa axuda de dúas culleres, poñemos primeiro unha capa de aguacate e enriba o tartar.
Noa Seijo, profesora do CPR Belarmino Fernández Iglesias de Sober, achéganos esta elaboración de xarda con aires orientais. Unha receita apta para principiantes na cociña, e que nos deixará un sabor de boca moi fresco.