Receita de Mariví Otero, cociñeira do Chiringuito Coco Bao (Illa de Arousa), elaborada no Obradoiro de Cociña con Algas e Mariscos organizado pola OPP20 Illa de Arousa.
Elaboración
1. Cocer o kombu nunha pota con abundante auga durante 40 minutos. Escorrer ben, cortar en anacos pequenos e reservar.
2. Nunha picadora, procesar a baixa potencia para que a tapenade conserve unha textura lixeiramente grosa e con pequenos anacos, característica desta preparación. Incorporar e triturar os ingredientes de forma gradual para conseguir unha textura equilibrada:
- primeiro o allo,
- despois as noces,
- as alcaparras,
- a alfábega,
- o kombu cocido,
- e, por último, as olivas negras.
3. Cando todos os ingredientes estean picados, engadir o aceite de oliva virxe extra e un chisco de sal. Mesturar ata obter unha pasta homoxénea.
Suxestión de presentación
Servir sobre torradas, picos ou regañás. Tamén pode empregarse como acompañamento de peixes, mariscos, verduras á prancha ou como recheo de bocadillos e aperitivos.