Sargo ao forno

FacebookTwitter
Sargo
INGREDIENTES
  • Sargos de medio quilo a 3/4
  • Patacas
  • Cebola
  • Tomate
  • Aceite
  • Viño branco
  • Limón
  • Pemento vermello
  • Pemento doce

Receita cortesía de Ignacio Cancela, restaurante San Francisco, Malpica de Bergantiños.

Preparación:

Para comezar, nunha fonte de forno prepararemos unha cama de cebola cortada fina.

A continuación, fritimos as patacas, previamente cortadas á panadeira, un pouco grosas e, unha vez fritas, colocámolas sobre a cebola.

Poñemos encima os sargos, aos que facemos dous ou tres cortes nos que colocaremos un toro de limón.

Agregamos os pementos en tiras e os tomates cortados, salgamos, engadimos un pouco de pemento doce e regamos todo con aceite e viño branco.

Tras uns 20 minutos de forno, dependendo do tamaño dos sargos, estarán listos para servir.