Saam de xouba crocante con “pico de gallo”, kimchee e sésamo

FacebookTwitter
Saam de xouba crocante con “pico de gallo”, kimchee e sésamo
INGREDIENTES
  • Cogollos de leituga
  • Xoubas
  • Masa filo
  • Alga Nori
  • 1 cebola morada
  • 35 gramos de coandro fresco
  • Sal
  • 1 tomate
  • Zume de 2 limas
  • Salsa kimchee

Alberto Carou, xefe de cociña do Restaurante Curral do Marqués de Rianxo, achéganos esta orixinal receita de xouba. Este petisco foi unha das elaboracións que cociñou no showcooking da última edición da Festa da Xouba de Rianxo. Elegante, fresca e moi acaída para estas datas nas que a xouba está en comida.

ELABORACIÓN: 

Limpamos as xoubas e os cogollos.

Preparamos o “pico de gallo”: picamos en brunoise o tomate, a cebola morada e o coandro, aliñamos con sal ao gusto e o zume de 2 limas.

Envolvemos as xoubas en tiras de masa filo e fritimos.

Tostamos a alga Nori e cortamos en cadrados.

MONTAXE:

Colocamos un cadrado de alga Nori e unha folla de cogollo. No centro do cogollo colocamos o “pico de gallo” de base.

Poñemos a xouba frita, cubrimos co kimchee e decoramos con sésamo.