Robaliza pescadeRías ao lombo

FacebookTwitter
Robaliza pescadeRías ao lombo
INGREDIENTES
  • 600gr de lombos de robaliza pescadeRías
  • 40gr de allo
  • 130gr de aceite de oliva
  • 60gr de vinagre
  • Sal
  • 15gr de follas de perexil
  • 400gr de patacas cortadas para cachelos (patacas cortadas en rodas cocidas con pel)

Introducción

Receita cortesía de GAC 3. Costa da Morte

Preelaboración

Preelaboramos a robaliza pescadeRías e deslombamos.

Elaboración

Cortamos en lombos de 200gr, salgamos e marcamos nunha tixola

Aparte nun cazo colocamos o aceite e douramos o allo, poñemos o vinagre e deixamos cociñar uns minutos. Picar o perexil e espolvorear ao final.

Cocer as patacas en auga cun pouco de cebola, rama de perexil e chorro de aceite.

Presentación

Dispor nun prato os cachelos e colocamos a robaliza pescadeRías enriba. Vertemos o prebe por enriba do peixe ben quente

Notas

É importante non dourar demasiado o allo na elaboración. Cando se incorpora o vinagre ao aceite ten que estar temperado case frío.