Polbo á prancha con ali-oli

- 4 patacas novas
- 2 patas de polbo cocido
- Aceite de Oliva
- Sal
- Pemento picante ou doce (ao gusto)
- Salsa ali-oli (se queres ver unha receita para o ali-oli preme aquí)
- Ceboliño (para decorar)
Dende o Restaurante A Centoleira, na praia de Beluso (Bueu), especializados en mariscos, envíannos esta receita de polbo á prancha de fácil elaboración que luce ben bonita no prato.
Preparación:
Cocer as patacas con pel.
Cortar as patas do polbo (previamente cocidas) lonxitudinalmente. Pasalas pola prancha cun pouco de aceite e sal polos dous lados ata que se douren.
Empratar sobre as patacas cortadas pola metade, botando por riba un pouco de pemento e o ali-oli. Decorar con ceboliño.