Vostede está aquí

Polbo á grella Imprimir

Polbo á grella
Ingredientes
  • 1 polbo pescadeRías de 1 kg. e 1/2 aproximadamente
  • 4 patacas grandes
  • 1 cebola pequena
  • 1 folla de loureiro
  • 3 dentes de allo
  • 1 cullerada pequena de pemento doce
  • Aceite de oliva e sal

Introducción

O polbo pescadeRías preparouse desde sempre en Galicia "á feira", unha receita ancestral que nos últimos tempos comparte popularidade coa que agora presentamos: o polbo pescadeRías á grella. Podemos asegurar que nesta nova variante o cefalópodo está tanto ou máis delicioso que na primeira.

Elaboración

Para comezar, deberemos cocer o polbo pescadeRías nunha pota grande. Para iso, fervemos a auga e, a continuación, agarramos pola cabeza o polbo pescadeRías limpo e metémolo e sacámolo cinco ou seis veces antes de introducilo definitivamente na pota. Deixamos que se coza a lume forte durante 25-30 minutos e unha vez transcorridos retirámolo do fogón e deixámolo repousar 10 minutos máis na pota. Escurrimos o polbo pescadeRías, aproveitando a auga da súa cocción para as patacas, e unha vez teña arrefriado, cortámoslle os tentáculos e reservámolos.

Por outra banda, cocemos as patacas cortadas en forma de cachelos (porcións grosas), coa pel incluída, xunto cunha cebola pequena pelada e unha folla de loureiro.

Cando as patacas xa estean cocidas (tras uns 20 minutos), nunha tixola cunha base de aceite de oliva rehogamos tres dentes de allo partidas en dous. Fritimos durante uns minutos e, unha vez retirada a tixola do lume, cando o aceite estea morno, engadimos unha cullerada pequena de pemento doce e removemos.

Por outra banda, nunha tixola, cociñamos á prancha os tentáculos do polbo pescadeRías nunha pinga de aceite de oliva, dándolles a volta cando por un lado xa estean tostados.

Finalmente, colocamos os cachelos como base nunha fonte, poñemos enriba os tentáculos pasados pola tixola e regamos o prato coa allada que temos preparada.

Compartir en redes sociais