No Gastrobar O Birrán de Ribadavia, ofrecen cociña tradicional galega, á que lle dan un toque innovador. Nesta liña, a súa chef, EmmaPinal, fainos esta orixinal proposta de polbo á mugardesa co seu toque particular.
Preparación:
O primeiro que facemos é cocer o polbo ben limpo ao xeito tradicional, asustándoo 3 veces e despois deixándoo cocer ata que estea tenro, pero terso, 25 minutos de cocción e os mesmos de repouso. Sacamos o polbo da auga e reservamos auga de cocción e polbo.
Por outrabanda, nunha tixola con aceite, rustrimos: allo, cebola, pemento verde e pemento vermello, xunto cunha folla de loureiro. Cando estea refogado engadiremos as patacas cortadas, removemos ben, engadímoslle a pementa e vertémoslle por riba o auga de cocción do polbo, deixaremos ata que se fagan as patacas, cando estean listas faremos unha crema, deixándoa ben fina e sen grumos. Rectificamos de sal.
Poremos unha prancha a quentar e marcaremos o polbo, cortando os tentáculos á metade, ata conseguir un ton dourado por ambas partes.
Para finalizar, emprataremosnunbol, primeiro a crema de pataca e por encima o polbo pranchado, terminamos cun chorriño de aceite de oliva virxe, unhas escamas de sal e decoramos cuns brotes de allo.