Filloa de polbo con queixo San Simón

(6 persoas)
Para as filloas:
- 250 g de fariña galega ou fariña panadeira
- 750 mililitros de auga
- 4 ovos
- 5 g de sal
- Un anaco de unto porco
Para completar a receita:
- 1200 g de polbo cocido
- 500 g de Queixo San Simón da costa
- Sal gorda
- Pemento picante
- Aceite de oliva virxe extra
Receita cortesía de Maica Couto, do Restaurante A Ostrería de Santiago de Compostela.
A receita foi presentada no showcooking “De proximidade e con selo propio” na 24º Edición do Salón de Alimentación do Atlántico, SALIMAT ABANCA.
Preparación:
Para facer as filloas, peneiramos a fariña e engadimos a metade da auga da receita. Mesturamos e deixámolo repousar 6 horas mínimo. Pasado o tempo de repouso empezamos a facer as filloas. Para iso poñemos a tixola para quentar a lume medio. Á mestura anterior engadímoslle os ovos batidos, a auga e o sal. Cando a tixola estea quente, engraxamos co unto a tixola e cun cullerón botamos a mestura virándoa rapidamente para que se reparta por toda a superficie. Deixamos que se faga ata que se separen os bordos, dámoslle a volta e deixamos uns 40 segundos máis. Imos retirando para un pano que se arrefríen un pouco antes de amontoalas.
Para completar a receita, cortamos as patas do polbo en toros finos e iguais e as salteamos nunha tixola cun bo chorro de aceite de oliva virxe extra. Colocámolas ben quentes encima das filloas, previamente ben estiradas. Relamos o queixo San Simón encima do polbo e gratinamos durante 4 minutos. Sacamos do forno e empoamos co pemento encima do queixo xa derretido.