Vostede está aquí

Escabeche de moluscos e verduras de inverno con algas de terra e mar Imprimir

Escabeche de moluscos e verduras de inverno con algas de terra e mar
Ingredientes
  • 1 lata de berberechos pescadeRías grandes ao natural
  • 1 lata de mexillóns grandes en escabeche
  • 1/2 coliflor
  • 1/2 romanesco
  • 1/2 brócoli
  • 1 penca de acelga
  • 30 gr. de vinagre de Módena
  • 20 gr. de alga Kombu pescadeRías
  • 100 gr. de aceite de oliva virxe

Para os moluscos, abrimos as latas e escorremos os mexillóns e os berberechos pescadeRías. Reservámolos para o último momento, poñemos nun cazo o escabeche e a lume moi lento reducímolo á metade.

Para as verduras, cortamos en pequenos ramalletes todas as verduras, preparamos un cazo con dous litros de auga mineral, poñémolo ao lume e cando ferva engadimos a alga kombu. Pasados dous minutos, sacar as algas e cocer as verduras durante tres minutos, e montar o prato.

Para as acelgas, separar as follas das pencas e utilizar as follas para outra elaboración. Quitarlles as febras ás pencas coa axuda dun pelador; cortalas en tiras finas e mantelas en auga e xeo ata montar o prato.

Para o aliño, poñer o vinagre de Módena nun cazo e reducir á metade. Co zume das latas mesturamos o aceite de oliva e reservámolo ata montar o prato.

Remate e presentación
Nun prato con certa cavidade, colocamos os moluscos de forma dispersa, e enchemos os ocos coas verduras acabadas de cocer, dispoñemos as algas e pencas entre as verduras e os moluscos. Finalizamos co aliño de escabeche e a redución de Módena. Servir morno.

Compartir en redes sociais