Emma Pinal, Xefa de cociña de Gastrobar O Birrán de Ribadavia proponnos esta sinxela receita de choco. Esta receita foi unha das elaboracións que cociñou no showcooking “pescadeRías de onde se non? - De proximidade e con selo propio” en Galicia Fórum Gastronómico 2025.
Preparación:
Poñer a manteiga nun cazo ao baño maría para clarificar e separar a parte graxa da parte de soro. Decantaremos para quedarnos só coa parte graxa. Reservamos.
Na Thermomix poñeremos as xemas de ovo, o zume de limón, a auga, o sal e a pementa. Programar a 70ºC a velocidade 3 durante 4 minutos .
Unha vez que a mestura estea semimontada, engadir a manteiga clarificada aos poucos para que vaia montando.
Cando estea completamente montada, reservar en quente na mesma Thermomix.
Doutra banda, cortamos tostas grosas de Pan de Cea e con axuda dun cortapastas, formaremos discos só coa faragulla. A continuación, pasámolo pola prancha cunhas pingas de aceite de oliva.
Limpamos o choco, cortámolo en tiras e pasámolo por fariña de castaña. Retiramos o exceso de fariña e introducímolo nunha fritideira a 180°. O fritimos durante un minuto e retirámolo a papel absorbente para quitar o exceso de aceite.
Presentación:
Poñeremos de base o disco de pan, superpoñemos o choco e engadimos a salsa holandesa. Terminaremos o prato decorando coas ovas negras