Cebiche de linguado

FacebookTwitter
Cebiche de linguado
INGREDIENTES

4 comensais:

  • Pemento vermello, 80gr.
  • Pemento verde, 80gr.
  • Cebola morada, 80gr.
  • Filetes de lombo de linguado, 1kg
  • 4 limas
  • 3 raviños
  • Salsa picante
  • Sal

O linguado é un peixe moi apreciado na cociña polo seu sabor e a súa textura, firme e delicada. Como todos os peixes brancos, é rico en minerais, ácidos graxos omega 3 e vitaminas.

A receita foi presentada polo chef Alejandro Iglesias, Restaurante Cabanas (Lalín), durante unha cata na 23ª edición do Salón da Alimentación do Atlántico SALIMAT-ABANCA.

 

Preparación

Picamos os pementos e a cebola moi finos, engadimos o zume das limas e reservamos.

Cortamos o linguado o máis fino posible e engadímosllo ás verduras picadas, mesturándoo ben.

Engadimos salsa picante e sal ao gusto.

Decoramos cuns filetes de raviño para darlle un toque crocante.