Mariví Otero, cociñeira do Chiringuito Coco Bao na Illa de Arousa, comparte as claves para preparar unha receita sinxela e deliciosa a base de carneiro. Este molusco, versátil e cheo de posibilidades, está gañando protagonismo tanto nos mercados como nas cociñas dos restaurantes.
Elaboración
- Nunha picadora introducimos os allos, o zume de limón e o perexil. Trituramos todo.
- Incorporamos á mestura anterior o aceite de oliva e volvemos a bater. Reservamos.
- Nunha tixola engadimos aceite de oliva, botamos os carneiros e tapamos ata que abran a cuncha. Retirámolos a unha bandexa, deixando na tixola o líquido de cocción (facelos ao lume pouco tempo, para que non quede a carne dura).
- Na mesma tixola que preparamos os carneiros, agregamos a salsa que tiñamos reservada. Deixamos que ferva ben e se mesture, axudando cunha culler.
- Unha vez lista a salsa aliñamos os carneiros e sazonamos e adornamos con perexil da costa ben picado.