Caldeirada de pescada

FacebookTwitter
Caldeirada de pescada
INGREDIENTES
  • 2 quilos de pescada
  • 8 cebolas
  • 10 dentes de allo
  • 8 cenorias
  • 2 porros
  • 5 pementos vermellos
  • 20 gramos de mostaza de dijon
  • 8 tomates
  • 4 follas de loureiro
  • 8 litros de fumet de pescada
  • 3 chiles chiplotes afumados
  • Sal
  • Viño
  • Aceite
  • Pemento doce ou picante
     

Iñaki Bretal, chef do restaurante pontevedrés O Eirado, recoñecido cunha Estrela Michelín e un Sol Repsol, ofrécenos esta proposta de preparación dunha receita tradicional galega.

Rustrimos todas as verduras e engadimos a mostaza e un chorro de viño. Deixamos evaporar e engadimos o fumet de pescada.

Tamén engadimos os chiles, aos que previamente quitamos as pebidas.

Trituramos a mestura e nela cocemos a pescada en anacos.

Servimos cun punto de sal, aceite e pemento por enriba.