Rubén González, de El Cafetín de Pontevedra, ofrécenos a súa versión dunha receita tradicional da cociña galega co berberecho como protagonista.
Preparamos un caldo con auga de mar e as algas, sobre o cal dispoñemos un recipiente para cocer ao vapor, no que poñemos os berberechos, que se van retirando conforme abren un a un.
Para a salsa verde mariña, rustrimos a cebola, o porro e o allo e engadimos 100 g de kombu e 100 de wakame. Deixamos cocer levemente moi suave.
Engadimos ½ litro de auga e ½ litro do caldo dos berberechos, rectificamos de sal e incorporamos a raiadura e o zume da lima, ao gusto de acidez. Trituramos, colamos e reservamos.
Empratamos os berberechos, engadimos a salsa e decoramos con ovas de tobiko e crocante de wakame.