Salón Gourmets

pescadeRias

Do 7 ao 10 de abril celebrouse en Madrid a 38ª Edición do Salón Gourmets. O mércores 9 foi o Día da Cociña Atlántica: Javier Olleros, de Culler de Pau, e Lucía Freitas, de A Tafona Casa de Xantar, presentaron as súas propostas de cociña atlántica con vieira e berberecho respectivamente, produtos certificados pola marca pescadeRías de onde se non?

Os demais días desenvolveuse un programa de actividades na sala de catas do stand institucional da Consellería do Mar e AGACAL. Podes ver o programa aquí.

As entidades certificadas Fish Factory, S.L, Porto-Muiños, S.L., Mares de Galicia S.A., Conservas Portomar SLU., Conservas La Brújula, S.L., Artesa Rías Baixas S.L., O Percebeiro S.L, Conservera Gallega S.A., Costas y Miñán S.L. participarán como coexpositoras no stand institucional.