Conservas La Brújula, S.L.

- Conservas La Brújula, S.L.
-
Poligono Industrial del Salnes
36636 Ribadumia (Pontevedra) - 986716011
- marketing@grupo-delgado.com
- http://www.conservaslabrujula.com
La Brújula, recoñecida Xoia da Gastronomía por Alimentaria Premium, é hoxe en día unha das marcas de referencia do sector conserveiro español. Gracias á calidade das súas conservas de peixe e marisco conseguiu situarse entre as máis demandadas no mercado gourmet.
La Brújula selecciona a mellor materia prima das Rías Galegas e o Cantábrico. Só adquire produtos de campaña e en lonxa, non utiliza conservantes, colorantes, nin branqueantes, e mantén estritos controis de calidade durante todo o proceso de fabricación.
Esta rigorosa clasificación das materias primas, unido a un elaborado proceso artesanal e a incorporación das últimas tecnoloxías, foron a chave para diferenciarse como Xoia da Gastronomía.
Os produtos de La Brújula expórtanse a máis de 26 países e en España podes atopalos en tendas especializadas e establecementos gourmet.