pescadeRías, de onde se non?… De cine!
18/09/2023
Ao redor de 30 profesionais do cinema nacionais e internacionais, asistentes á 16ª Edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu FICBUEU, participaron na degustación guiada “Descubrindo as excelencias do noso mar con pescadeRías, de onde se non?” que se celebrou o sábado 16 na Praza de abastos de Bueu.
Sergio Roma, do Restaurante O Souto de Pontevedra, fixo as delicias das persoas asistentes coas elaboracións presentadas a base de navalla, polbo, xarda e robaliza certificadas. Unha boa oportunidade para da a coñecer ademáis a pesca artesanal, os oficios do mar, as especies, e as modalidades e artes de pesca coas que se capturan.