Peches de campaña

pescadeRias

O pasado 5 de xaneiro, o santiaguiño (Scyllarus artus), a nécora (Necora puber) e a lagosta (Palinurus elephas) despedíronse temporalmente dos mercados galegos ao entrar en veda, unha medida que busca garantir a súa conservación e sostibilidade. Ademais, o día 3 rematou a campaña de marisqueo en Noia, que agora pecha de forma temporal tras o período de Nadal.