II Festival Cine do Mar de Marín
30/06/2025
Produtos da pesca artesanal con certificación pescadeRías de onde se non?, foron os protagonistas da cata que tivo lugar o pasado venres no marco da II edición do Festival Cine do Mar de Marín.
O cociñeiro Marcos S. Area de é restaurante de Marín elaborou:
- Vieira galega con perlas de yuzu, panipuri recheo de cítricos e crema de allo negro.
- Pescada en texturas, con pataca, chourizo e toque de kimchi
O Museo do Mar de Marín organiza este festival para promover a valoración do mar como ecosistema e a concienciación medioambiental, así como a dignificación dos oficios relacionados co mar e o recoñecemento das persoas vinculadas ao mar.