Aperturas e peches de campaña

pescadeRias

Outubro trae novidades aos mercados galegos. Comeza a campaña do ourizo, que se estenderá ata marzo ou abril, segundo as zonas e os plans de xestión das entidades. Tamén se abre a veda do santiaguiño, que poderá capturarse ata o 31 de decembro.

En Noia, a campaña marisqueira comezará o 13 de outubro, coa participación de case 1.400 profesionais.

Mentres comezan estas campañas, outras rematan: a lagosta despediuse dos mercados o 30 de setembro.