Aperturas e peches de campaña
02/10/2025
O pasado 1 de outubro comezou a campaña do ourizo (Paracentrotus lividus) na provincia de Pontevedra, mentres que nas confrarías das provincias de A Coruña e Lugo a campaña non abrirá ata os meses de novembro e decembro. A extracción está regulada nos plans de xestión aprobados pola Consellería do Mar. A actividade prolongarase ata marzo ou abril, segundo o estipulado en cada plan e en función da evolución do estado do recurso. Durante a campaña anterior, comercializáronse en Galicia máis de medio millón de kg desta especie, que supuxeron unha facturación de preto de 7 millóns de euros. O prezo medio alcanzado nas lonxas galegas foi de 12,72 €/kg.
Tamén comezou a campaña do santiaguiño (Scyllarus arctus) o 1 de outubro. Por outra banda, a lagosta (Palinurus elephas) despídese dos mercados ata o 1 de xaneiro.