Xarda con pasta

FacebookTwitter
Xarda
INGREDIENTES

Para 2 persoas:
2 xardas
1/2 pemento vermello
1 cebola
1 cenoria
1 porro
1 dente de allo
150 gramos de pasta

Receita cortesía de Anxo Trives, de Hostal Restaurante La Viuda (A Pobra de Trives), pertencente ao grupo Cociña Ourense, que xunta aos cociñeiros máis representativos desta provincia.

Preparación:

En primeiro lugar, desespiñaremos as xardas e as limpamos ben.

A continuación, douramos as espiñas e a cabeza, engadimos toda a verdura picadiña e a rustrimos coas espiñas. Engadimos un vaso de viño e 2 de auga, e deixamos que ferva durante  15 minutos. Posteriormente, coaremos este caldo e deixarémolo reducir ata que espese.

Cocemos a pasta ao dente e deixámola arrefriar.

A xarda a cocemos no fondo durante 1 minuto e a retiramos.

Mesturamos a pasta co fondo e colocamos a sobre ela a xarda. Decoramos con algunha herba ao gusto.