Xarda ao lombo con allada cítrica

FacebookTwitter
Xarda ao lombo con allada cítrica
INGREDIENTES

Ingredientes:

  • 1 xarda (600 g. aproximadamente)
  • 3 dentes de allo morado
  • ½ limón
  • Chile afumado
  • 50 ml aceite de oliva virxe extra

Receita cortesía de Gastroteca Salvaxe, na Nave 5 do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela.

Preparación:

Limpamos a xarda e abrímola ao lombo retirando a espiña central.

Preparamos a allada laminando o allo e cortando finamente o chile ao gusto. Douramos todo lentamente sen que se queime o allo.

Cando estea dourado esprememos medio limón e revolvemos ata que ligue a allada.

Cociñamos a xarda polo lado da pel partindo dunha tixola ben quente. Aos 3 minutos baixamos o lume. Importante cociñar a xarda solo polo lado da pel para que non seque e deixar a carne rosada.

Terminamos empratando a xarda e salseámola coa allada ligada.