A chef do Gastrobar O Birrán de Ribadavia Emma Pinnal comparte con nós esta receita de prago. O prago é un peixe exquisito da familia do ollomol, a dourada ou o sargo, aínda que menos coñecido. Anímate a pedilo na túa peixería de confianza e sorprende aos teus invitados con esta orixinal preparación.
Preparación:
Limpar o prago de pel e espiñas.
Mesturar o sal co azucre.
Poñer a marinar o prago durante hora e media na mestura de sal e azucre. Retiramos, lavamos ben con auga e deixamos o prago cuberto de aceite de oliva mínimo 24 horas.
Cortar o fiúncho moi finamente (mellor coa axuda dunha mandolina), picar o coandro, mesturar e aderezar coa vinagreta feita coas laranxas e o aceite de marinar o prago e salpementar. Reservamos ata o empratado.
Filetear o prago e reservar.
Para empratar poñemos na base a ensalada. Por enriba o prago cortado en finos filetes, unha capa de laranxa doce e novamente prago en finos filetes. Salpementar e regar coa vinagreta. Terminar decorando con ceboliño.