A chef Beatriz Sotelo presentou esta sinxela e saborosa receita durante as degustacións que tiveron lugar na XIX Festa do Polbo de Bueu. A foto do prato é de @chemagarciaseijo para www.bluscus.es.
Cocer o polbo de xeito tradicional (20 minutos por quilo “asustándoo” previamente tres veces). Unha vez frío cortámolo en toros e pasámolo por ovo e fariña de millo. Fritímolo en aceite de oliva.
Cocemos os pementos e os raviños en auga, vinagre e azucre. Sérvense fríos.
Montamos o prato co polbo, os raviños e os pementos de xeitoharmonioso, sazonamos e decoramos con brotes frescos. Podemos acompañalo cunha maionesa picante.