Arroz caldoso de polbo galego
- 400 gramos de Polbo cocido galego, (catro patas) envasado ao baleiro (ou polbo fresco ou congelado previamente cocido).
- Fumet Pulpeiro de auga de cocción del polbo galego (ou auga de cocer o polbo).
- 1 Cebola
- 2 Dentes de allo
- 1 Pemento verde
- 1 Pemento vermello
- 2 Tomates pelados
- 1 Vaso de viño branco calidade media
- 6 Cuncas de arroz branco
- Sal
- Pemento doce
- Aceite
- 1 Folla de loureiro
Dende o blog de las cosas del comer proponnos “unha receita sinxela, coa garantía de calidade dos produtos que estamos utilizando e perfecta para desfrutar en familia ou con amigos”. Moitas grazas por compartila con nos e pola confianza nos nosos produtos.
Preparación:
Picamos as verduras e as pochamos nunha cazola. Engadimos unha copa de viño branco de calidade media e deixamos que se evapore o alcohol.
Poñemos o arroz, (a medida utilizada é unha cunca de café por persoa, por dous de fumet). Damos voltas e engadimos o fumet.
Deixamos o arroz facéndose uns 20-25 minutos e antes de retiralo, cortamos o polbo cunhas boas tesoiras e o introducimos no arroz.
Mesturamos co arroz, retiramos do lume e o deixamos repousando tapado cun trapo de cociña ou papel de periódico uns 5 minutos.