Vieiras ao sal

FacebookTwitter
Vieiras ao sal
INGREDIENTES
  • 6 Vieiras pescadeRías
  • 40  gr leituga de mar
  • 250  gr  codium fresco
  • 100  gr raíz de  capuchina
  • 200  gr sal gordo
  • 40  gr fariña
  • 12  gr clara de ovo
  • 55  gr auga
  • 5  gr salsa de soia
  • 5  gr  vinagre de  Módena
  • 1  gr  agar
  • Aceda común
  • Aceda de praia
  • Verdolara
  • Fiúncho mariño
  • Rizo de ceboliño
  • Aceite de xirasol
  • Xantana
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal en  escamas

Iván Domínguez, director gastronómico de Alborada desde 2014, é membro do Grupo  Nove, vangarda da cociña galega.

El defende unha cociña contemporánea, atenta ás novas técnicas, pero postas estas a disposición da despensa que ofrece a terra e o mar en Galicia. É unha cociña de produto sustentable e estacional, elegante e equilibrada, que sorprende polo sabor, cor, aroma e textura que consegue.

Elaboración

Limpamos as Vieiras pescadeRías de coral e fibras. Reservamos en frío.

Reservamos  codium fresco para o emprate e co resto facemos un  licuado.

Unha parte do  licuado mesturámolo coa fariña, as claras e o sal. Colocámolo no fondo dunha pota pequena. Encima repartimos a leituga de mar e as Vieiras pescadeRías. Cociñamos as Vieiras pescadeRías tapas a lume suave.

Emulsionamos a outra parte do  licuado de  codium na  Termomix con aceite de xirasol e  espesamos cun pouco de  xantana. Introducímolo nun  sifón e deste pasámolo a un biberón.

Fervemos nun cazo a auga, a soia, o  vinagre e o  agar . Poñémolo despois nunha placa e  refrixeramos ata que endureza perfectamente.  Trituramos a xelatina, quitámoslle o aire na  envasadora e poñémolo nun biberón.

Reservamos 6 láminas de  capuchina para o emprate e  trituramos o resto con auga.  Emulsionamos con aceite de xirasol e gardamos nun biberón.

Emplatado

Distribuímos puntos de  capuchina,  módena e  codium polo prato. Cortamos a Vieira pescadeRías quente en toros e colocamos nun lateral. Distribuímos as herbas de litoral polos puntos, o  codium, os rizos de ceboliño e a  capuchina.  Sazonamos con sal e aceite.

Restaurante Alborada
Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez, nº25
A Coruña
http://www.restaurante-alborada.com/