Sardiñas pescadeRías con vinagreta de tomate e aceite de oliva negra

FacebookTwitter
Sardiñas pescadeRías con vinagreta de tomate e aceite de oliva negra
INGREDIENTES
  • 2 latas de sardiñas pescadeRías en aceite de oliva
  • 2 tomates maduros
  • 1 lata de olivas negras
  • aceite de oliva
  • vinagre de xerez
  • sal e pementa

Pélase o tomate e retíraselle a polpa, despois pícase en dados moi pequenos, engádeselle o aceite de oliva, un chisco de sal, pementa e unhas gotas de vinagre de xerez. Reservar.

Agora tritúranse as olivas negras con aceite de oliva ata conseguir unha pasta non moi densa.

Póñense nunha bandexa as sardiñas pescadeRías, a un lado a vinagreta de tomate e ao outro o aceite de oliva negra.