Falsa empanada de berberechos

FacebookTwitter
Falsa empanada de berberechos
INGREDIENTES
  • 1.5 kg. de berberechos pescadeRías
  • Pan de broa/millo
  • Aceite de xirasol
  • 2 Pementos verdes
  • 2 Pementos vermellos
  • 2 Cebolas
  • 4 dentes de allo
  • 150 gr. de tartar de algas
  • Sal
  • Aceite de oliva virxen extra
  • Outros
  • Perexil
  • Sal Maldon

Elaboración

Prequecemos o forno a 180 ºC. Colocamos todas as verduras nunha bandexa de forno e regamos cun chorro de aceite de oliva virxen extra. Forneamos durante 1 hora aprox. dependendo do tamaño das verduras. Pasado este tempo, retiramos do forno e deixamos arrefriar. Pelamos e despepitamos os pementos. Pelamos tamén os allos e sacamos a capa exterior da cebola. Cortamos todas as verduras en xuliana e engadimos o tartar de algas, rectificando de sal, se fose necesario. Reservamos.

Cortamos o pan de broa en finas rebandas e fritímolas en abundante aceite de xirasol. A medida que as retiramos do lume, poñémolas sobre papel absorbente de cociña, para eliminar o exceso de graxa.

Nunha pota, refogamos 2 dentes de allo esmagados e antes de que collan cor, engadímoslles os berberechos pescadeRías. Tapamos a pota e deixamos cocer ata que abran, máis ou menos 5 min. Retiramos do lume e descascamos os berberechos pescadeRías, reservandoos no propio xugo de cocción.

Presentación

Dispoñeremos como base unha peza do pan de broa, poñendo enriba unha capa de verduras asadas co tartar de algas. Enriba, colocamos os berberechos pescadeRías en liña e para rematar, usamos outra tapa de pan de broa sen chegar a cubrir por completo a falsa empanada, de xeito que o produto quede visible.